Saltar ao contido principal

XA NON CHEGA CON REBAIXARNOS O SOLDO E AUMENTAR O IRPF

   Deixámosvos aquí o correo electrónico remitido á Consellería e á Dirección Xeral de Xustiza sobre as novas publicadas no día de hoxe en prensa, en relación coa redución do número de días por asuntos particulares que nos corresponderá disfrutar neste ano 2012, como nova medida de recorte pratexada polo executivo do Sr. Feijoo.
"A raiz da publicación na prensa (Faro de Vigo - 3-2-2012 - Pax. 21) das novas medidas a adoptar polo goberno galego, queremos expor que xa non chega con que se estea a propoñer a redución dos días por asuntos particulares que temos recoñecidos legamente se non que ainda por riba a Xunta ten a osadía e desfachatez de indicar que cubre ditos permisos con persoal eventual cando a veces nin sequera cubre as baixas de dous meses de prazas dotadas orzamentariamente. Resulta vergoñento que se empreguen os medios de comunicación para denostar aos empregados e servizos públicos sobre quen se está a repercutir unha grande parte dos recortes e, ainda por riba, o Sr. Presidente da Xunta ten a cara de dicir que a "maioría" dos funcionarios comprenderá estes novos sacrificios (seica deben parecerlle poucos os e levamos feitos ata o de agora: rebaixa salarial 2011, conxelación salarial 2012, aumento retencións do IRPF, non reposición de efectivos, amortización de prazas, etc.). Un non deixa por menos que preguntarse onde está o límite das reducións e perda de dereitos dos traballadores da función pública. Por todo o anterior solicitamos unha urxente rectificación por parte da Consellería indicando que nunca se cubriron con persoal interino os permisos e vacacións do persoal da Administración de Xustiza e que polo tanto esta nova medida non vai reportar ningún aforro para as arcas da Xunta de Galiza se non que simplemente se trata dunha medida populista".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr