A xunta de persoal da provincia de Pontevedra, na súa xuntanza do pasado 2 de febreiro, acordou non apoiar a proposta da CIG dun novo sistema de gardas para Vigo, consistente na petición ao Consello Xeral do Poder Xudicial da modificación do Regulamento de Aspectos Accesorios a fin de que no mesmo se contemplara un sistema intermedio de 12 h + 12 h de garda que puidera dar resposta inmediata á carga de traballo dos xulgados de instrucción de dita poboación. A xunta de persoal, por 2 votos a favor e 13 votos en contra, rexeitou dar o seu apoio á petición argumentando, en liñas xerais, que era máis convinte seguir a pelexar polas gardas de 24 horas que de xeito excepcional recolle o citado regulamento para poboacións con 8 o máis xulgados de instrucción, que tentar implantar o novo sistema, corréndose o risco de nunca acadar as 24h.
Dende a CIG seguimos a pensar que a curto-medio prazo a proposta feita pola nosa banda é moito máis realista que seguir teimando nun sistema que, aparte de excepcional para a poboación de Vigo, económicamente sería na actualidade bastante inviable. Ademáis, este novo sistema intermedio entre as gardas semanais e as gardas puras de 24 horas, non impediría que, cando Vigo chegara aos 10 xulgados de instrucción, pasara xa automaticamente ao sistema de gardas de 24 horas con pernoctación. Coa proposta da CIG, mentras non se chega aos 10 xulgados o servizo de garda melloraría, o persoal faría unhas gardas máis asequibles, conciliaría mellor a súa vida familiar pois cada 56 días só traballarían 3,5 días (coa garda semanal traballarían 7 días) e percibirían unha retribución de 395,50 euros, cobrando polo tanto 146,50 euros máis. En fin, cada quen que faga as súas contas e que vexa se é mellor seguir agardando pola utopía ou ser realistas e facer propostas que poidan ser levadas adiante.

Comentarios
Publicar un comentario