
Este novo ataque aos dereitos das empregadas/os públicas é un máis na
liña de coartar calquera tipo de reclamación por parte de ditos
traballadores, para que cada vez sexan máis sumisos e docis e non reclamen os seus dereitos laborais.
No canto de facer investimentos para mellorar as distintas xurisiccións o
Sr. Gallardón límitase a poñer cantos máis atrancos mellor, cando o que
debería de facer era dotar aos órganos xudiciais do persoal e medios
materiais necesarios para resolver os distintos asuntos pendentes ante
os mesmos. O Sr. Gallardón emprega a politica de "morto o can, acabouse
coa rabia" e está a empregar aquela máxima que antaño se lle atribuía á
garda civil de "primeiro dispara e logo pregunta", e dicir, todos os
traballadores públicos reclamamos sen ton ni son e somos precisamente os
culpableis, non só da crise actual, se non tamén do colapso da
xurisdicción contencioso-adminstrativa e mesmo da morte de "Manolete".
En contraposición, os outros traballadores, seguen a ter (ao mellor
tamén por pouco tempo) o beneficio de poder asistir con ou sin
avogado-procurador e mesmo o da non imposición das custas no caso de
perder o litixio. ¿Onde está a igualdade entón? Como ben di ese
principio do dereito "só pode haber desigualdade entre iguais" o que
pasa e que, segundo o Sr. Gallardón, os traballadores públicos non somos
iguais ao resto de traballadores.
Cabería entón preguntarse neste punto a quen está a beneficiar o Sr.
Gallardón con este tipo de decisións, pois ao traballador que ata o de
agora tomaba a decisión libre de comparecer (dados os seus coñementos
sobre o seu estatuto xurídico) por si mesmo ante un tribunal non. Está polo
tanto clarísimo que o Ministro de Xustiza está a favorecer ao colectivo
privado de avogados e procuradores o mesmo que quere favorecer co de
notarios, coa encomenda de determinados procedementos xudiciais. En fin,
que os profesionais liberais fagan caixa e que o servizo público cada
vez se deteriore máis para xustificar a súa privatización.
Comentarios
Publicar un comentario