Saltar ao contido principal

4º PUNTO TAMÉN PARA AS SECRETARÍAS DE PAZ

   Recentemente gañouse o recurso contencioso-administrativo contra a denegación do pagamento do 4º punto do Complemento Xeral de Posto a aquelas compañeiras e compañeiros que dende o ano 2007 viñan desempeñando as funcións de secretario de xulgado de paz. O Xulgado do Contencioso estimou a reclamación efectuada por un compañeiro, recoñecendo o dereito dos traballadores a percibir 4 puntos de complemento xeral de posto, máis 1,5 puntos pola realización das funcións de secretaría, existindo polo tanto a diferenza de 1 punto entre o pagado e o que debería terse abonado realmente.
   As reclamacións podédelas realizar a través dos nosos delegados e antes de que transcorra máis tempo, pois as reclamacións de cartos a administración autonómica teñen un prazo de 5 anos en Galiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.