A Consellería de Facenda asinou un protocolo de
actuación coa AEAT, co obxecto
de instrumentar un procedemento de
consulta telemática do borrador do IRPF polos empregados
da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos seus servizos web. Así mesmo, cando a AEAT careza da información necesaria para
a elaboración do borrador de declaración visualizaranse
os datos fiscais dispoñibles
do exercicio que poidan
facilitar ao consultante a confección da
declaración do Imposto.
Este procedemento
de consulta permite anticipar a dispoñibilidade
da información aos contribuíntes
interesados, constituíndo, polo tanto, un beneficio
para os empregados da Comunidade
Autónoma, considerándose como tales, a estes
efectos, os que o fosen ao longo do exercicio ao que se refire o borrador (ou os datos fiscais) e manteñan a súa condición no momento de efectuar a consulta
articulada polo presente sistema.
O acceso á consulta do
borrador de declaración ou os datos fiscais realizarase a través
da Oficina Virtual do Empregado Público
(OVEP) entre os días 10 de abril e o 2 de xullo
do 2012, na seguinte
dirección web: www.conselleriadefacenda.es/OVempregado
Comentarios
Publicar un comentario