NOTA DE PRENSA
Xosé
Barreiro
Pérez,
como
Secretario
Nacional
do
Sector
de
Xustiza
da
Confederación
Intersindical
Galega,
quere
trasladarlle
a
seguinte
nota
de
prensa
relacionada
co
proxecto
de
reforma
da
Lei
de
Demarcación
e
Planta
e
creación
de
macropartidos
xudiciais,
agradecendo
de
antemán
a
súa
publicación
nese
medio
de
comunicación.
Despois de ter constatado o fracaso da reforma da oficina xudicial
(que curiosamente en Galiza nunca se iniciou) configurada polo Sr.
Aznar no ano 2003 coa reforma operada pola Lei Orgánica 19/2003 e
que ata o de agora ningún goberno foi quen de levar adiante con
éxito, agora nos sorprende o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX)
cunha proposta de creación de macropartidos xudiciais que intenta,
precisamente, agochar ese fracaso do deseño daquela oficina
xudicial, configurada única e exclusivamente para grandes cidades,
de aí que a idea principal desta nova proposta sexa voltar ao
centralismo e aglutinar en poucas cidades todos os órganos
xudiciais.
Aproveitando
que
a
crise
vale
para
todo
e
incluso
para
xustificar
a
morte
de
“Manolete”,
os
poderes
políticos
están
aproveitando
a
ocasión
para
retrotraernos
a
outros
tempos
facéndonos
crer
que
estas
propostas
inciden
na
mellora
de
xestión
dos
servizos
públicos,
tentando
agochar
o
verdadeiro
problema
da
xustiza
en
Galiza
e
en
España
que
non
é
outro
que
a
falta
absoluta
de
interese
por
mellorar
este
servizo
(pregúntenlle
a
que
político
lle
interesa
que
a
xustiza
funcione
ben)
e
a
carencia
dun
verdadeiro
plan
de
investimentos
económicos
en
medios
materiais
e
persoais.
Moi
ao
contrario,
o
que
se
está
a
producir
na
actualidade
é
un
política
de
creación
de
obstáculos
constantemente
ao
cidadán
para
o
acceso
á
xustiza
(como
a
xustiza
vai
lenta
e
ten
moita
carga
de
traballo
o
que
debemos
facer
é
dificultar
o
acceso
a
ela
no
canto
de
mellorar
o
servizo
que
esta
presta
cara
ao
cidadán).
A proposta de redución
de partidos xudiciais e, en consecuencia, a consolidación de
macropartidos, parécenos que pon un novo chanzo na aposta do Goberno
do PP pola destrución dos Servizos Públicos, pois isto, alén de
achegar a Xustiza ao cidadán o que fai é alonxala e facela case que
inaccesible, por iso e soamente iso seria cuestión suficiente para
dende o noso Sindicato rechazar de plano esta proposta, pero o noso
rechazo vai mas aló, pois isto supón un novo recorte nos nosos
dereitos como traballadores, supón a mobilidade forzosa entre
distintas localidades, a imposibilidade da conciliación da vida
laboral e familiar así como un gasto monstruoso para as CC.AA. ao
ter que adaptar as dependencias xudiciais.
Como os que fan as
propostas están en Madrid e descoñecen a realidade do noso pais, no
caso de Pontevedra, a modo de exemplo, pretendese unificar os actuais
Partidos Xudiciais de A Estrada, Caldas de Reis, Pontevedra, Marín e
Cangas. Non se di como o farán, e esta proposta de reforma da Lei de
Demarcación e Planta Xudicial só incide na demarcación (aglutinar
órganos) pero nada fala da planta (creación de novos órganos) e
suscita, como mínimo, varias preguntas:
1) Será cunha soa Sede
(Pontevedra) e entón compre facer un macroedificio (que seguramente
a Xunta pretende que o Concello poña os terreos) para aglutinar
todos os órganos xudiciais do novo partido e tiraríamos cos actuais
edificios de Cangas, Marín, A Estada, Caldas, e dicir, un gasto
monstruoso, para aforrar moi pouco.
2) Outra posibilidade
sería a de crear sedes desprazadas en Pontevedra, Cangas, Marín,
Caldas e A Estrada. Se é así, cal seria o aforro e a mellora, pois
actualmente nesas vilas xa hai xulgados funcionando.
3) Cantos Xulgados
estarían de garda? Seguramente que 1, polo que terían que rotar, un
dia en Cangas, outro na Estrada........, iso supón que a garda civil
de Cangas cando fai unha detención e se esta de garda o xulgado de A
Estrada, tería que desprazar ata alí os detidos, do mesmo xeito que
se un cidadán de Cangas ten que presentar un escrito ou denuncia no
Xulgado de Garda tería que desprazarse a Estrada, (isto e potenciar
os servizos públicos).
Como se ve este novo
proxecto ideado por mentres preclaras residentes en Madrid prantexa
máis interrogantes que respostas e moito nos tememos que, debido ao
grandísimo desembolso que suporía, quedará novamente nun proxecto
inalcanzable, pois mentres a clase política non entenda que a xustiza
só melloraría cun investimento suficiente en medios materiais e de
persoal non chegaremos a ningún lado e “os mimbres son os que son
e con eles non se poden facer máis cestos” por moito que un o
intente, pois a realidade e moi tozuda e querer converter o chumbo en
ouro xa quedou moi atrás na época dos alquimistas.
Comentarios
Publicar un comentario