O Ministerio acaba de confirmar que a publicación do vindeiro concurso de traslados podería realizarse o vindeiro 24 DE MAIO. Parece ser que ainda teremos que agardar un pouco para que se efectúe dita publicación, co que xa levamos bastante retraso na convocatoria. Esperemos que as compañeiras e compañeiros empreguen de xeito masivo a nova plataforma informática para enviar a súa instancia e así acortar os prazos de resolución.
POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN
Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.
Comentarios
Publicar un comentario