Saltar ao contido principal

PROBLEMÁTICA NO CONCURSO DOS ADSCRITOS PROVISIONAIS



De seguido vos transcribimos o texto do correo electrónico remitido no día da data á Dirección Xeral de Xustiza indicando a problemática suscitada no caso dos Secretarios Substitutos que teñan cesado dende o 30 de abril de 2012 e foran adscritos temporalmente a unha praza (normalmente á que deixaron cando eran xestores).
Quixeramos, por medio do presente, comentar dúas problemáticas que poden darse no caso dos reingresados provisionais:
 
1) No caso dos Secretarios Substitutos que teñan cesado e solicitado a adscripción temporal dende o 30 de abril de 2012 (data da resolución de convocatoria), dado que a "fotografía" dos cadros de persoal vaise remitir a unha data anterior a de publicación, se coincide que un cesa como secretario substituto entre díta data e a de publicación no DOG, pois resulta que, por un lado a súa praza non vai a aparecer como vacante e por outro se lles vai a obrigar a concursar. Ou ben non se lles pode obrigar a participar no concurso, pois cesaron despois da data da resolución de convocatoria (a publicación no DOG-BOE é un formalismo simplemente para o coñecemento xeral das bases e o cómputo de prazos) ou ben, se se lles obriga a participar, a praza na que están adscritos temporalmente debe sair a concurso como vacante.

2) Tampouco se entende o feito de que as prazas vacantes, no caso destes reingresados, teñan que ser introducidas nos primeiros postos da instancia, pois o único que se establece regulamentariamente é que deben pedirse todas as prazas da provincia pero non cal ten que ser a súa orde, polo tanto dentro dos 200 destinos que se poden solicitar o participante cumpre co requisito legal simplemente con incluir todas as prazas vacantes da provincia o que non debería impedir que puidese pedir nos primeiros postos prazas a resultas e mesmo misturar resultas con vacantes.
--
Xosé Barreiro Pérez
Secretario Nacional
CIG-XUSTIZA
Tfno. 668.843.048

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.