Saltar ao contido principal

"CHARLA" CO MINISTRO DE XUSTIZA


A XANELA DA XUSTIZA


O pasado 19 de xuño mantivemos unha xuntanza en Madrid co Ministro Sr. Gallardón e a súa equipa de xestión, na que se lle intentou transmitir, por parte da CIG, aqueles problemas e inquedanzas que asedian a administración de xustiza na actualidade.
Na nosa intervención manifestamos o excepticismo que rodea todo este tipo de xuntanzas, no que só se escoitan os desexos duns e as boas palabras doutros, así como o deficiente funcionamento das mesas sectoriais onde simplemente se escoita aos axentes sociais pero non se negocia absolutamente nada, impoñéndose case sempre a versión ministerial. Esta foi a primeira das peticións que se lle fixo ao Ministro, no sentido de reiterar que as mesas sexan efectivamente de negociación non só de diálogo. Despois desta crítica ao sistema negociador imposto polo Ministerio, fixóselle ver ao Sr. Ministro aquelas cuestións máis salientables que a día de hoxe non estaban a funcionar ben, a fin de que se manifestase sobre a súa posible solución e medidas a adoptar para iso:

  1. Absoluto fracaso da implantación da NOX (Nova Oficina Xudicial) tanto por quen a deseñou (Sr. Aznar) como por quen a executou (Sr. Zapatero) – En Galiza nin sequera se chegou a facer ningunha experiencia piloto-
  2. Reforma dos partidos xudiciais, onde entendemos que se está a voltar a un centralismo rancio e trasnoitado que, no canto de facilitar e mellorar o acceso a xustiza do cidadán, o que fai é empeoralo totalmente. Os únicos que saerían benefeciados de todo iso serían os xuices, xa que para eses macropartidos xudiciais farían falta maxistrados, co que moitos serían subidos de categoría e, por suposto, tamén o seu soldo.
  3. Falta de intercomunicación dos órganos xudiciais onde as bases de datos están totalmente corrompidas e non se ten en conta a realidade territorial do estado español para contemplar aplicacións informáticas, cando menos bilingües. Xa dende a aplicación Libra estaba contemplado o uso do Galego e, a día de hoxe nada de nada.
  4. Adicación dun orzamento excepcional para poder reformar a xustiza con suficientes garantías de éxito.
  5. Reforma do corpo de Secretarios Xudiciais ou a súa transferencia plena as CC.AA.
  6. Competencia plena para crear novos órganos xudiciais e transferencia do persoal ao servizo da administración de xustiza con garantías de manter os dereitos nacionais tal e como xa se realizou nas transferencias doutros corpos funcionariais.
  7. Acceso, para recoller alegacións, aos proxectos de Lei de tasas xudiciais, a Xustiza de Paz , Xulgados de Proximidade, Tribunais de Instancia, Rexistro Civil, Oferta de Emprego 2013, reforma lei xurisdicción contenciosa, xurisdicción voluntaria, Substitucións, etc.

Ante as cuestións suscitadas por nós e polo resto de centrais sindicais o Ministro indicou o seguinte:
1.- Parecelle correcto que as centrais sindicais podamos ter acceso aos proxectos xurídicos relacionados coa administración de xustiza.
2.- En canto as modificacions da LOPX e LDP haberá que agardar as conclusións das comisións creadas ao efecto e que rematarán o seu traballo en setembro.
3.- É consciente da necesidade dunha reforma profunda da administracion de xustiza pero actualmente existe o condicionante da limitación orzamentaria ainda que o seu gabinete aposta polo público (os feitos non parecen dicir o mesmo)
4.- Pretenden solicitar do MAP a consolidación de prazas dotadas orzamentariamente pero que na actualidade están cubertas por persoal interino, a fin de poder convocar oposicións no ano 2013.
5.- Non pretenden reducir persoal pero si están moi convencidos da necesidade de xestionar mellor os recursos existentes e, polo tanto, van a defender unha maior flexibilidade con mobilidade xeográfica e funcional.
6.- Pretenden reformar a NOX e a NOF posto que a primeira non funciona correctamente e a segunda está pendente de implantación.
7.- O investimento en novas tecnoloxías foi moi insatisfactorio e polo tanto, xunto coas CC.AA. teñen que confluir nun mesmo camiño que leve a interconexión e a unhas aplicacións informáticas perfectamente compatibles.
8.- Reforma da Lei do Rexistro Civil (antes de que entre en vigor) posto que os concellos non van poder asumir as competencias que se lles encomenda na mesma. O persoal dos rexistros civis, nunha gran maioría, serán redistribuidos noutros órganos xudiciais.
9.- As tasas xudiciais foron simplemente actualizadas
10.- Se pretende establecer unha dinámica periódica de mesas de negociación (cantas veces teremos escoitado isto mesmo e logo nada de nada)
11.- Verase a posibilidade de enmendar a lei do contencioso-administrativo a fin de seguir permitindo a comparecencia dos funcionarios ante ditos órganos sen ter que estar defendidos por letrados e representados por procurador.

En conclusión, no horizonte só vemos nubarróns, con grandes recortes, cunha mobilidade xeográfica e funcional que con toda probabilidade sexa altísima, amparada na non creación de novos órganos, coa excusa da crise que estamos a padecer. Moito nos tememos que se vai a aplicar un proxecto centralista que fará que a xustiza de paz e moitos xulgados mixtos desaparezan para que dito persoal pase a engrosar os órganos xudiciais existentes nos macropartidos xudiciais que se pretenden crear, coa problemática que iso supón a nivel laboral e familiar; todo iso xustificado coas necesiades económicas e unha mellor xestión dos recursos existentes. En fin, que debemos abrocharnos o cinto de seguridade pois veñen máis recortes pola vía da perda de dereitos (e a ver se non tamén económicos).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.