Saltar ao contido principal

MANIFESTACIÓNS CONTRA O SAQUEO AS TRABALLADORAS/ES

A executiva Confederal da CIG acorda iniciar unha campaña de mobilizacións contra a estafa do rescate

2012 06 19 CartazzParemosSaqueoManifas   Convocaranse manifestacións nas sete grandes cidades galegas e ademais en Vilagarcía e na Estrada, o vindeiro domingo 1 DE XULLO as 12:00 HORAS.
   A Executiva Confederal da CIG reunida este luns, acordou pór en marcha unha campaña de información, sensibilización e de mobilizacións ante o anuncio do rescate do sector financeiro por uns 100.000 millóns de euros. A campaña consiste na convocatoria de actos nas empresas e na vía pública, xunto coa convocatoria de concentracións de delegados/as en todas as cidades e de manifestacións nas sete comarcas de Galiza, para denunciar “o saqueo dos gobernos e da banca á clase traballadora”.
   Para a Executiva Confederal da CIG, o rescate suporá a transferencia da débeda dos bancos ao sector público, porque o Fondo de Estabilidade Europeo a quen lle presta os cartos, realmente, é ao FROB. Isto terá como consecuencia un incremento significativo do déficit e da débeda pública e levará aparellada a exixencia de novas medidas de recorte que empeorarán aínda máis as condicións de vida da clase traballadora, da maioría social, hipotecando, ademais, o futuro da nosa mocidade.

   O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, considera que a situación na que se atopa o estado español, non se debe a que houbera moita débeda pública, senón á débeda privada, nomeadamente á que foron contraendo as entidades financeiras españolas con entidades financeiras dos países europeos, fundamentalmente con Alemaña.
   Unha débeda moi vinculada á burbulla inmobiliaria, por teren concedido créditos de forma xeneralizada a irresponsábel, e incrementada por mor da súa posta en circulación nos mercados especulativos. “Un enorme burato negro que teñen que pagar nos próximos meses e para o que non teñen recursos.  Por iso, agora o Estado ten solicitar este préstamo ao FEE,  para garantir que os bancos poden pagar ás entidades financeiras europeas, e se eles non poden, teñen a garantía de que a débeda a asumirá o Estado”.
Seixo afirma que a situación derivada da decisión de solicitar o rescate “é gravísima” e alerta de que non vai garantir que flúa o crédito á pequena e mediana empresa, nin axudar a reactivar a economía e crear emprego. “Son cartos que van destinados unicamente a pagar os pufos que a banca española ten contraídos coa banca alemá. Vai agravar aínda máis a situación, non vai favorecer a recuperación económica e tampouco á creación de emprego. Terá consecuencias directas nas condicións de vida das persoas, rebaixará máis as condicións salariais e  provocará un empeoramento da calidade dos servizos públicos”.
Ante esta situación a CIG acordou promover mobilizacións para denunciar o saqueo dos bancos e dos gobernos á clase traballadora; denunciar aos responsábeis da crise; exixir responsabilidades e demandar que o estado non pague a débeda ilexítima, consecuencia da especulación. O pasado día 15 de xuño celebráronse concentracións de delegados/as en todas as comarcas e para o vindeiro día 1 de xullo hai convocadas manifestacións nas sete cidades e en Vilagarcía e A Estrada. 

Horarios e lugares das manifestacións:
-A Coruña: ás 12:00 horas  dende a Praza de Vigo.
-A Estrada: ás 12.00 horas dende a Praza do Concello.
-Lugo: ás 12:00 dende a Ronda da Muralla (edificio sindical).
-Ourense: ás 12:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.
-Pontevedra: ás 12:00 horas dende a Praza da Ferrería.
-Santiago: ás 12.00 horas dende a Praza Roxa.
-Vigo: ás 12:00 horas dende o cruce da Doblada.
-Vilagarcía de Arousa: ás 12.00 horas dende a Casa do Mar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.