Despois de tres mesas de negociación a administración deu marcha atrás e os poucos avances acadados quedaron en nada pois volve a prantexar unha proposta de máximos que resulta inasumible pola parte sindical. Xa bastante denostados estamos os empregados públicos como para ainda por riba permitir que se fagan máis recortes e máis renuncias a dereitos que os impostos polo goberno do PP en Madrid. Non podemos ser máis papistas que o Papa. Dende a CIG defendemos que se siga a manter a flexibilidade horaria da que gozabamos ata o de agora, non modificar o número de horas do horario fixo e, por suposto, que ningún traballador teña que realizar nin unha hora máis das que veñan establecidas regulamentariamente.
Comentarios
Publicar un comentario