Saltar ao contido principal

CADA VEZ MÁIS PRETO DUNHA "DITADURA"

   Os medios de comunicación calados e atados de pes e mans, recorte das liberdades sindicais, lexislación cada venres mediante decreto-lei, etc. isto, e máis, é o que nos está a deparar o goberno de maioría absoluta do PP de Mariano Rajoy. Se isto non é unha "ditadura" non sabemos moi ben que outra cousa pode ser, xa que en tempos de Franco tamén se lexislaba mediante Decreto.
   Os traballadores de todas as clases témonos que unir ante estas agresións (se non hai unión dos traballadores e as súas familias non hai nada) e, contraatacar tanto contra os que ostentan o poder público como contra as grandes multinacionais que están a especular cos seus beneficios coa débeda de España. Témonos que reivindicar como traballadores e sair a rúa para que a sociedade sexa consciente que o goberno actual carece de lexitimidade para seguir gobernando, posto que está a facer todo o contrario ao que prometeu no seu programa electoral.
   Contraataquemos con campañas contra Zara, Mercadona, Carrefour, Alcampo, Corte Ingles, Audasa (autopistas do atlántico), Fenosa, Gas Natural, etc.; carguemos os nosos carros ata as caixas de cobro e logo indiquemos que non podemos pagar porque nos quitaron a extra, vaiamos pola autoestrada e na peaxe indiquemos que non podemos pagar porque nos descontaron cartos do salario mensual, merquemos nunha sóa superficie en cada mes do ano evitando facelo nos 11 meses restantes, retrasemos o pagamento da luz e o gas e acto seguido paguémolos (2.500.000 funcionarios x 75 euros mes recibo luz = 187 MILLÓNS DE EUROS); que van facer, reclamar xudicialmente a débeda a dous millóns e medio de familias; pois que veñan aos xulgados que nos queremos traballar, pero claro pola súa estricta orde de chegada.
   En definitiva, temos que pasar a unha acción de "desobediencia civil" xa que a nós non nos consultaron para rebaixarnos o soldo, polo tanto estamos no noso dereito a retrasar o pagamento de determinados servizos e dificultarlle a súa vida as grandes multinacionais.
   Déixovos o enlace dunha análise preliminar realizada por la CIG onde se pode comprobar como mediante un Decreto-Lei o goberno de Mariano Rajoy é capaz de modificar unha lei orgánica; a do poder xudicial. 
   Agora parece que si nos modifican os nosos asuntos particulares, xa non percibiremos o 100% da baixa de enfermidade e nos descontan mesual e prorrateadamente a paga extra de nadal; en fin todo un sinsentido.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing