Comunícasenos por parte da EGAP que o vindeiro 9 de agosto de 2012 publicarase no Diario Oficial de Galicia
a Resolución do 30 de xullo de 2012 da dirección
da Escola Galega de Administración Pública pola que se convocan as
accións formativas para o persoal ao servizo da Administración de
xustiza.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 10 de agosto de 2012 as 08:00 h e rematará o 10 de setembro as 14:00 h. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP e non serán admisibles outros modelos de solicitude. Faise recomendable facilitar conta de correo electrónico e teléfono móbil para enviar mensaxes ás persoas seleccionadas.
Para calquera consulta ou dúbida podedes poñervos en contactos coa EGAP nos seguintes:
Teléfonos 981 54 62 46/981 54 62 57
Fax: 981 54 63 39
Enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.es
Para calquera consulta ou dúbida podedes poñervos en contactos coa EGAP nos seguintes:
Teléfonos 981 54 62 46/981 54 62 57
Fax: 981 54 63 39
Enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.es

Comentarios
Publicar un comentario