Segundo conversas mantidas no día de hoxe coa EGAP, contrariamente ao manifestado antes do verán, mostrouse por parte da nova responsable (e así nolo transmitiu a Xefa de Estudos), un interese alto en tratar de convocar todos os cursos de
galego (incluso os que se suspenderon), sen ter que cobrar por eles. De
momento non se teñen máis novas e, segundo avance setembro, nos irán
informando. Por parte da CIG propúxose que, no caso de convocarse finalmente cursos con taxas de inscrición por non poder xuntar
o orzamento necesario, se convoquen os mesmos de xeito xenérico para TODAS as
funcionarias/os, independentemente de si están destinados tanto dentro como fora da comunidade autónoma.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario