Saltar ao contido principal

LEI 10/2012 DE TAXAS XUDICIAIS



Galiza, 22 de novembro de 2012.

Hoxe é un día triste de máis para a cidadanía galega, pois acaba de entrar en vigor a lei de taxas xudiciais que vai provocar a renuncia dos cidadáns a entaboar accións xudiciais en reclamación de dereitos persoais e colectivos polo simple feito de non ter os cartos necesarios para pagar, por adiantado, as taxas xudiciais hoxe fixadas na lei 10/2012.

Este é un novo ataque á cidadanía (e por desgraza non será o último) orquestado polo Partido do Poder (en abreviatura PP) que mellorando o eslogan empregado polo presidente dos EEUU Sr. Obama “Yes We Can” (Nós Podemos) acaba de conseguir o de Nos Podemos...estar, aínda se cabe, máis fodidos.

Estas taxas hoxe fixadas provocarán de feito unha renuncia por parte dos cidadáns a entaboar accións xudiciais de todo tipo en defensa dos seus intereses, polo mero feito de carecer dos cartos necesarios para afrontar o elevado custe das mesmas. O PP acaba de atacar a liña de flotación do estado de dereito ao limitar de xeito tal o acceso a administración de xustiza, un dos piares que mantén o equilibrio entre os tres poderes do estado, favorecendo coa súa actuación o reinado dos poderosos (economicamente falando). ¿Con que nos imos poder enfrontar a unha compañía de seguros, a un banco, etc. nunha reclamación que debería ser igualitaria pero que non o será porque eles terán o poder de “coacción” dos cartos para un arranxo que lles conveña fronte a falta de recursos económicos do reclamante para facer fronte ás taxas dun xuízo xusto.

Non contentos con isto se aproveita esta lei de taxas para crucificar máis aos empregados públicos ao esixírselles a representación e defensa en todas as accións xudiciais en reclamación dos seus dereitos laborais e a imposición do dobre pagamento en decembro das contías por dereitos pasivos e mutualidades, a pesares de deixarse de percibir a paga extraordinaria.

Dende a CIG-XUSTIZA rexeitamos dende fai tempo estes e outros recortes prantexados polo PP, defendendo o mantemento dos servizos públicos e, neste caso concreto, apoiamos e estivemos presentes naquelas concentracións e manifestacións que reivindicaron de xeito activo e expuxeron cara a cidadanía o abuso que se aveciñaba coa aprobación da lei de taxas que non só nos afectaría como cidadáns se non tamén como colectivo de traballadores da administración de xustiza. Por iso insistimos en que os traballadores e os cidadáns temos que lograr perder o medo e aunarnos nunha forza que consiga de xeito colectivo que as cousas muden pola presión popular porque por si soas non van a mudar e cada vez o PP verase con máis forza para para minorar os dereitos dos cidadáns e traballadores.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr