Saltar ao contido principal

OLLO COS PRAZOS POSESORIOS EN GALIZA NO CONCURSO DE TRASLADOS ¡URXENTE!

   Ollo cos cesamentos e cos prazos posesorios neste concurso de traslados porque a cousa cambiou desta vez. Aquí van unhas pequenas recomendacións:

1) Os cesamentos e tomas de posesión deberán realizarse ante as delegacións de xustiza da Xunta de Galiza e non no órgano xudicial. Deberán realizarse as posesións preferentemente antes das 11:30 horas para poder xestionar así, no seu caso, os cesamentos que correspondan. Na INTRANET publicaranse as INSTRUCIÓNS pertinentes a este respecto.

2) Procurarase polas delegacións que na data de posesión se asine tamén o cesamento (se coinciden ambos na mesma provincia) aínda que este se teña producido con anterioridade, para así evitar facer ir dúas veces as traballadoras/es as delegacións (unha para cesar e outra para tomar posesión).

3) Aos reingresados aconsellámoslles que tomen posesión o mesmo día 21 que é cando se publica o concurso no BOE e ademais que soliciten anticipadamente ese día de permiso como establecen as bases, para así non ter que desprazarse ao novo posto ese día se non ao seguinte.

4) IMPORTANTE.- Ollo coas compañeiras/os que a súa praza se poida ocupar antes das datas previstas de cesamento, pois nese caso, segundo a base 9ª da Resolución do concurso, a eles teráselles por cesados nese mesmo intre e o prazo posesorio empézaralles a contar a partir do día seguinte.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr