Hoxe, nas grandes vilas de Galiza,
tiveron lugar con grande éxito de afluencia de cidadáns, profesionais e
funcionarios da administración de xustiza as
concentracións-manifestacións en contra da lei de taxas xudiciais e da
privatización do Rexistro Civil.
Agora, o vindeiro xoves 20 de decembro, temos que secundar maioritariamente o apagón dixital e deixar de traballar en todo o estado cos equipos informáticos durante 30 minutos dende as 11:30 ata as 12:00 horas como medida de protesta contra esta inxusta lei de taxas e demais reformas lexislativas en marcha.
Comentarios
Publicar un comentario