Saltar ao contido principal

VANNOS QUITAR DO ESPECÍFICO O 4% DA MASA SALARIAL

12-12-27 Area publica 001Antes de escomenzar tan sequera o 2013, o Sr. Feijoo reuníase co seu goberno no Consello da Xunta, mentras traballadoras/es do sector público concentrábanse en San Caetano, para manifestar a súa oposición ao novo recorte que se aplicará nos seus salarios este ano que ven. Ao berro de “mans arriba, isto é un atraco”, denunciaron as súas cada vez máis precarias condicións laborais e as “mentiras” tanto do Presidente, como dos conselleiros. Para a Área Pública da CIG é, ademais, “indecente” que se presente como un “recoñecemento ao seu esforzo” a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo no mes de xaneiro, logo do “saqueo” do que están sendo vítimas, cando se lles recortará nesa e na seguinte paga extra, e cando se lles adebeda a deste Nadal. Adiantan xa que ante isto, convocarán mobilizacións.

Desde hoxe é oficial. Máis de 90.000 traballadoras e traballadores do sector público verán rebaixados os seus salarios. Así o acordou o Consello da Xunta, facendo efectiva a proposta que se lles presentaba o pasado venres ás organizacións sindicais na Mesa Xeral da Función Pública e que se traduce nun recorte dun 4% do total da masa salarial das/os empregadas/os públicas/os de Galiza para 2013.

Á espera de coñecer os detalles, e segundo o anunciado na Mesa, nas retribucións de cada traballador/a vaise aplicar esa redución nas pagas extra de xullo e decembro, sacándolle o complemento específico a todo o persoal da administración. Así, en función da súa contía, isto suporá unha rebaixa nas retribucións anuais de entre o 3% e o 7%. Deste xeito, collendo só os tres últimos anos, desde a rebaixa salarial de 2010, a perda acumulada de poder adquisitivo dos empregados e empregadas públicos/as achegaríase xa ao 30%.
María Carme López Santamariña, coordinadora da Área Pública da CIG asegura que isto é “un saqueo en toda regra”. Por iso manifesta a súa indignación ante o anuncio de Feijoo de que poderán solicitar, de forma voluntaria, un adianto do 50% da paga extra de xullo. “E pensarán que aínda temos que estar agradecidos, cando xa nos roubaron a paga extra deste Nadal e seguirán a reducir os nosos salarios e empeorar as nosas condicións laborais”.
Para López Santamariña, a partir de agora só queda a vía do debate parlamentar dos orzamentos. “Agardamos que o PP non pase rodillo facendo, máis unha vez, uso da súa maioría e que rectifique. Estas medidas só serven para afondar na destrución dos servizos públicos, un camiño que emprenderon desde que chegaron ao goberno e que neste ano 2013 se agravará de forma considerábel”. Entende que debería darse, dunha vez por todas, un debate real no Parlamento “non só sobre os recortes nos gastos, senón tamén nas políticas de ingreso, tantas veces demandadas desde a central sindical”. Do contrario, advirte de que se abrirá a espita para a externalización dos servizos públicos que ten que prestar a propia administración e “acabará por se converter nunha feira de saldos para as empresas privadas concorrer aos concursos para a súa prestación, de maneira que ese suposto aforro vaise traducir no seu encarecemento e nunha perda de calidade que xa estamos a padecer neste momento”.
En todo caso, a coordinadora da Área Pública da CIG subliña que non se trata unicamente dun recorte salarial e de condicións de traballo do persoal senón que o mantemento das taxas de reposición cero, as amortizacións de todas as vacantes que se producen e a non cobertura de postos de traballo está a afondar aínda máis na desaparición dos servizos públicos. “Aprobar agora unha medida deste calibre so pretexto de cumprir o obxectivo do déficit, cando non dixeron nada durante a campaña electoral malia sabelo, é cando menos un insulto á intelixencia de todas e todos os empregados públicos”.
No mesmo sentido se expresa Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, para quen se trata dun acto “ilexítimo”, ao estaren aprobando medidas contrarias ás que o PP presentou na campaña electoral. “Trátasenos aos cidadáns e cidadás como súbditos e non como cidadáns de pleno dereito”. A isto engade que é unha proposta “fraudulenta” que “só os trileiros son capaces de efectivizar cando veñen de dicir todo o contrario do que están a facer”.
Xunto a isto afirma que no Consello da Xunta “consumouse unha agresión máis a todo o profesorado galego na medida en que se aprobou un proxecto de orzamentos que introduce novos recortes no ensino e reduce aínda máis os nosos salarios ao roubarnos parte das nosas retribucións, suprimindo os complementos específicios das pagas extra”. Por iso adianta xa que a CIG-Ensino fará un chamamento a que o profesorado participe nas mobilizacións que convoque a área pública no seu conxunto contra estes novos recortes.
Perda salarial e non incremento
Na concentración denunciáronse ademais as mentiras e manipulacións do Presidente da Xunta. De feito, fronte as declaracións de Feijoo, que tras do Consello da Xunta reiteraba que mellorará o poder adquisitivo de empregados/as públicos/as nun 3% en 2013, o certo é que o recorte salarial entre o profesorado suporá, segundo cálculos da CIG-Ensino, entre 850 e 1.500 euros en cada paga extra. Na Administración, oscilará entre os 805 e os 3.130 euros e no caso do persoal do SERGAS descoñécese aínda a canto se elevará porque non se lles explicou en que complementos se vai aplicar. Desde a CIG-Saúde explican que o seu complemento especifico é moi inferior, en contía, ao do resto do persoal das administracións públicas polo que, para reducir nun 40% as pagas extra, terán que recortar tamén noutros conceptos.
Falsa progresividade
Pola súa banda, o sector da Autonómica da CIG-Administración denunciou as afirmacións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen declarou que o maior esforzo váiselle pedir a aqueles coas retribucións máis altas e que será sensibelmente menor para os demais. Fronte a esta suposta progresividade nos recortes, afirman que o recorte terá máis incidencia proporcional nos grupos baixos. Como exemplo sinalan que para un conserxe de Instituto a rebaixa salarial será dun 4,89%, mentres que para un subdirector xeral será do 5,97%. “Moi lonxe do que di a administración, que afirma que haberá catro puntos de diferenza”.
Recortes ao persoal funcionario.
Grupos- Establécense en función da titulación de acceso (antigas titulacións):
Grupo A1- Licenciado, arquitecto ou enxeñeiro
Grupo A2- Diplomado universitario
Grupo C1- Bacharelato
Grupo C2- Graduado Escolar
Grupo E- Certificado de escolaridade
Nivel- Relacionado cos complementos do posto de traballo, podendo ser ocupados moitos postos de similar nivel por persoas de Grupos diferentes.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

ANUNCIO DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA

No DOG do 8 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A). 1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 1 de marzo) , contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es , accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 3. Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da