Saltar ao contido principal

CAMBIOS NAS PRESTACIONS DE MUGEJU

A Xerencia da Mutualidade Xeral Xudicial aprobou un conxunto de resolucións que van supoñer novas condicións na prestación dalgúns dos servizos que ata o de agora dispoñían os mutualistas, e que entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2013.
Entre as principais novidades figura a implantación do novo talonario de receitas. A partir do 21 de xaneiro de 2013 só terán validez as receitas co novo formato autocopiativo, polo que todos os mutualistas deben recoller o novo talonario antes da data sinalada na delegación provincial correspondente.
Tamén destaca a decisión de suprimir determinadas axudas sociosanitarias e complementarias, segundo figura na Resolución do 19 de decembro da Xerencia da Mutualidade Xeral Xudicial. Deste xeito, suprímense a partir do 1 de xaneiro a campaña de vacinación contra o virus do papiloma e as axudas por transporte e/ou estancia, complementaria da asistencia sanitaria; e modifícanse as axudas para prestacións complementarias, dentarias e oftalmolóxicas.
Os cambios tamén afectan as axudas para os gastos de enterro e as condicións para obter as axudas por tratamento de psicoterapia ou logopedia, así como para gastos de hospitalización psiquiátrica.

Nota informativa supresión prestacions

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.