Saltar ao contido principal

GRAZAS A DEUS (SR. FEIJOO) PODEMOS PEDIR O ADIANTO DO 50% DA PAGA EXTRA DE VERÁN

O DOG (Diario oficial de Galicia) publicou o pasado 28 de decembro de 2012 o Decreto 263/2012, no que se regulan as condicións para solicitar o anticipo do 50% da paga extra correspondente ao mes de xuño xunto coa nómina de xaneiro. Para iso será necesario solicitalo antes do 11 de xaneiro de 2013.
O decreto sinala que terán dereito ao anticipo o persoal funcionario, laboral e estatutario da Administración xeral da comunidade autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e dos entes instrumentais recollidos na disposición transitoria terceira, punto 5, da  Lei 16/2010
Os interesados que así o soliciten antes do 11 de xaneiro percibirán, xunto coa nómina correspondente ao mes de xaneiro, un anticipo igual á metade da cantidade que lle corresponderá na paga extra de xuño de 2013 polos conceptos de soldo base, trienios e complementos de destino ou contía equivalente.
Para formalizar a solicitude, os interesados deberán cubrir o anexo I que figura nas instrucións para a solicitude do anticipo e presentalo no servizo de persoal que xestiona as súas nóminas. Os servizos de persoal disporán dende hoxe (venres, 4 de xaneiro) dunha pantalla na aplicación de nómina na que introducirán o NIF dos solicitantes.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing