Saltar ao contido principal

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA

   A EGAP, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca os cursos de formación de linguaxe administrativa galega para o ano 2013, cuxas bases, características e contido son detallados na resolución publicada no DOG do 11 de marzo de 2013.
   Convócanse, polo tanto, os seguintes cursos de linguaxe administrativa galega: na modalidade de teleformación, 11 edicións de nivel medio e 12 de nivel superior; e na modalidade presencial, 4 cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e 6 de linguaxe administrativa galega de nivel superior.
   O número de prazas por curso será de 30, tanto para a modalidade presencial como para a de teleformación.
   Os cursos van dirixidos as empregadas/os públicos destinados na Administración autonómica de Galicia e que se atopen en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Exceptúase o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral.

   Para solicitar os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio deberá ter aprobado ou validado algún destes cursos: o Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccioamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria. Só se poderá solicitar unha edición por persoa.
   Para solicitar os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel superior deberá ter aprobado o curso medio de linguaxe administrativa galega, o curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no punto 2 do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os curso de linguaxe administrativa e xurídica galegas. O prazo de presentación de instancias será ata o 22 de marzo de 2013 as 14:00 horas.
   O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da  EGAP http://egap.xunta.es/matricula, non sendo admisibles outros modelos de solicitude. Faise recomendable facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil para enviar mensaxes aos solicitantes.    Lembrade que os cursos de linguaxe administrativa galega son equivalentes aos cursos de linguaxe xurídica galega segundo a Orde do 3 de marzo de 2004

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr