Saltar ao contido principal

ESCRITO CONXUNTO SOBRE PERMISOS E LICENZAS




   No día de onte (11/04/13) déusenos traslado por esa Dirección Xeral, do texto definitivo da resolución que regula o réxime de vacacións, permisos e licencias dos funcionarios da Administración de Xustiza en Galicia e, tralo estudo da mesma  podemos constatar que foron atendidas algunhas das reivindicacións da plataforma sindical composta polos sindicatos que encabezan este escrito, únicos con representación na mesa de negociación, se ben outras propostas non foron tidas en conta. 
   Entre as reivindicacións sindicais que foron atendidas atópanse as seguintes:

·         Posibilidade  de gozar das vacacións en calquera época do ano, a diferenza doutros funcionarios da Administración de Xustiza, Admón. Central, etc..que teñen  que gozar polo menos a metade das vacacións entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.

·         A posibilidade de goce de sete días de xeito independente, que se poderán acumular  aos días de asuntos particulares, cando para a administración xeral do estado son  cinco días.

·         Poder acumular os días de Asuntos Particulares as Vacacións

·         No permiso por asuntos particulares Incorporarase un día adicional por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan con sábado no dito ano.

·         En canto ó permiso por accidente ou enfermidade grave dun familiar mellórase en canto a posibilidade de poder gozalo de forma descontinua nun período non superior a un mes desde o feito causante.

·         Mantense o permiso de trinta días naturais para atender ó coidado dun familiar por accidente ou enfermidade moi grave e, o mesmo tempo, incorpórase un novo artigo coa posibilidade da redución do 50%   da xornada laboral, e por un período máximo dun mes prorrogable a dous meses, e  con retribución íntegra.

·         Introdúcese igualmente un novo artigo por redución da metade da xornada por coidado de fillo menor afectado por cancro ou outra enfermidade grave, con retribucións íntegras e ata que o menor cumpra os 18 anos.

   A pesares destas melloras solicitadas polos Sindicatos con representación na Mesa de Negociación que foron efectivamente atendidas, podemos comprobar que outras moitas que pasamos a detallar, non foron tidas en conta:

·         Esiximos tamén desa Dirección Xeral de Xustiza,  visto  o recorte brutal en días de asuntos propios en comparación con outras administracións (de nove a tres días),  a formación dunha bolsa de horas traballadas en exceso, para poder computalas por xornadas completas de libranzas, cun tope anual.

·         Esiximos desa Dirección Xeral de Xustiza, a supresión do último inciso do parágrafo primeiro do art. 14 da Orden de Vacacións, Permisos e Licencias (permiso de lactación), posibilitando o goce de tal permiso ao pai a pesares de que a nai non traballe, baseado na doutrina do Tribunal Constitucional, normativa comunitaria e a propia Instrución de Función Pública.

·         Igualmente esiximos a inclusión dunha xornada reducida a cinco horas diarias de luns a venres, cunhas retribucións do 75% da xornada completa, tal como establece a orde estatal que regula os horarios e xornadas xerais da Administración de Xustiza, por mellorar considerablemente esta redacción á normativa galega.

·         Tamén, en canto a redacción do punto 3, do artigo 32 que regula a flexibilización do horario fixo da xornada diaria, seguimos insistindo en que se reflicta o texto que xa foi reiterado en numerosas ocasións polos OO.SS con representación na Mesa que ten a seguinte redacción:



“3.- Para regular o establecido nos apartados anteriores, a obrigatoriedade no cumprimento do horario fixo por parte do traballador/a verase reducida en unha ou dúas horas menos cada día, segundo os casos. O resto das horas, ata completar a xornada xeral establecida en cómputo mensual deberá realizarse a través do horario flexible.”

   Por todo o antes exposto, CCOO- SPJ USO- UGT- CSI-F- CIG, consideramos necesario que  se asuman estas reivindicacións, pois compensarían minimamente as brutais perdas de dereitos sufridos  polos funcionarios da Administración de Xustiza e poñerían en valor o voluntarismo con que os funcionarios de Xustiza cobren as carencias históricas desta Administración Decimonónica.
   Dar por finalizada a Negociación sen ter en conta estas alegacións impediría chegar a un acordo coas Organizacións Sindicais.
      

En Santiago a 12 de abril de 2013.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr