Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MADRID - SECRETARIOS - MEDICOS FORENSES - XESTORES - REXISTRO CIVIL



Onte 9 de abril tivo lugar en Madrid outra representación esperpéntica do que non debe ser unha mesa de negociación. Se nos queixamos dos xestores de Galiza, deus nos pille confesados cos xestores que hai en Madrid. Por parte da administración central e con absoluta desvergoña aprobáronse, sen case discusión ningunha, ao non aceptarse a maioría das alegacións feitas (tal e como nos teñen acostumados), a seguinte normativa que, no caso de Galiza, maioritariamente afectaría aos Secretarios Xudiciais e aos Médicos Forenses:

1) Orde de calendario laboral e vacacións de Secretarios Xudiciais, que será diferente ao dos corpos xerais tanto no territorio Ministerio como en Galiza, onde aínda se notarán máis as diferenzas. Pola CIG se solicitou que o calendario dos Secretarios fora igual que o dos corpos xerais, ademais de reiterar a súa plena transferencia á comunidade autónoma galega por non ser lóxico que o xefe de persoal dependa doutra administración diferente.
2) Modificación do Regulamento dos Institutos de Medicina Legal a fin de regular mellor o cesamento voluntario dos directores e subdirectores do IMELGA e a súa reincorporación (manda truco, unhas prazas que se cubren por libre designación e non por concurso específico de méritos e aínda por riba hai que coidar que os que retornen aos seus postos o fagan ben mimadiños). Pola CIG nos opuxemos a que esta clase de postos se seguisen a outorgar como libre designación no canto de ser prazas dotadas en concurso de traslados específicos onde se valoren os méritos dos candidatos e non se poña a dedo a aqueles que máis conveña ao político de turno.

3) Modificouse o cadro de persoal mínimo das UPAD's (Unidades de Apoio Directo aos Xuices) retirando persoal do corpo de xestión que, segundo o Ministerio, pasará a engrosar, con toda probabilidade, os servizos comúns de execucion (SCEJ) e os de ordenación do procedemento (SCOP), ainda que non necesariamente con caracter inmediato. Dado que en Galiza non se puxo en marcha a oficina xudicial esta medida de momento Por parte da CIG fixóselle ver ao Ministerio o seu erro ao pretender seguir para adiante cunha oficina xudicial configurada nos tempos do señor Aznar e que o señor Zapatero foi incapaz de poñer en marcha e, finalmente o señor Rajoi vai polo mesmo camiño de non poder consolidar a mesma. Reiteróuselle por parte da CIG que seguen a poñer o carro antes que os bois e que cunha porquería de aplicación informatica e cunhas bases de datos totalmente corruptas, dificilmente vai poder poñerse en marcha nin esta nin ningunha outra oficina xudicial O Ministerio segue a teimar no seu erro e agora reduce a dotación mínima das UPAD's poñendo 1 xestor por cada dúas UPAD's polo que cabe concluir que vai a haber un gran número de xestores nos SCOP e SCEJ que xa veremos que funcións fan, polo que non nos explicamos como aínda por riba van e sacan a oposición prazas de xestión no canto de sacar prazas de tramitación e auxilio.
4) En canto á situación dos Rexistros Civís indicou o Director Xeral que o anteproxecto atopase nun impas de espera e que se estaban dando un tempo para valoralo, pero nada concretou sobre o que podería acontecer no seu caso co persoal nin cos xulgados de paz.
5) En canto ao catálogo de enfermidades para as IT por enfermidade común, indicou o Director Xeral que en breve se reunirían coas Comunidades Autónomas a fin de tentar unificar criterios para que o catálogo sexa o máis uniforme posible.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr