No DOG de hoxe 15 de maio saíu publicada a convocatoria de cursos de formación para traballadores da administración de xustiza en Galiza.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán
realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no
enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da
data de inicio do prazo de presentación de solicitudes (16 de maio) e ata as 14.00
horas da data de finalización o vindeiro 25 DE MAIO. As solicitudes entenderanse presentadas
unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco. Serán
excluídos automaticamente aqueles solicitantes que presenten solicitudes
para máis de cinco cursos.
Comentarios
Publicar un comentario