Saltar ao contido principal

NOTA CONXUNTA TRAS O ABANDONO DA MESA DE NEGOCIACIÓN



O DIRECTOR XERAL, JUAN JOSÉ MARTÍN ÁLVAREZ, CUNHA ACTITUDE FASCISTA, REVENTA AS NEGOCIACIÓNS E IMPLANTA O TOTALITARISMO NAS CONDICIÓNS LABORAIS DOS  TRABALLADORES DA XUSTIZA EN GALICIA.
Tras varios meses de negociación  nos que conseguimos minimizar algúns dos recortes con respecto ao RD 20/2012  (sete días de vacacións de disfrute independente, a posibilidade de unir eses días aos moscosos, concesión do permiso de ingreso hospitalario de xeito independente no prazo dun mes, mantemento do horario de verán e semana grande, días de asuntos particulares por cada festivo nacional que coincida en sábado, …), o Director Xeral, nunha actitude fascista sen precedentes, non sabemos se dirixido, como un monicreque, polo Conselleiro, trocou a súa actitude na mesa amosando  desprezo ás Organizacións Sindicais con representación na mesma (CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG) e por ende, aos traballadores; o detonante da súa mala fe negociadora foi a negativa da concesión de días de libranza a custe cero a cambio do exceso de horas traballadas.

 Ademais, non admitiu as reivindicacións básicas co obxecto de minimizar a discriminación que estamos a sufrir respecto ao persoal doutras comunidades, e incluso  con respecto a outros corpos da mesma Administración; entre outras:
1.- Supresión de parte do Complemento Autonómico Transitorio
2.- Secuestro de prazas na convocatoria do concurso de traslados
3.- Non negociación da retribución das substitucións verticais (a igual traballo igual remuneración).
4.- Supresión da acción social
5.- Redución da formación pola transferencia de  fondos á EGAP
6.- Non cobertura ou ralentización na cobertura das baixas
7.- Negativa á creación de prazas cubertas na actualidade por reforzos de carácter estrutural.
8.- Reordenación de efectivos (Rexistros Civís, Servizos Comúns e Partidos Xudiciais).
E … COMO COLOFÓN:AMEAZOU COA APLICACIÓN DA LOPX, SEN NEGOCIACIÓN, ACERCA DA REDUCIÓN RETRIBUTIVA NOS SUPOSTOS DE INCAPACIDADE TEMPORAL (Só se cobraría o 100% nuns determinados casos).
Ante as agresións do Goberno Central  e da Xunta, CCOO, USO, UGT, CSI-F e CIG decidimos LEVANTARNOS da Mesa e ampliar a concentración prevista para o día 22 de maio contra a privatización do Rexistro Civil, para rexeitar todos os recortes anunciados neste servizo público.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración