Saltar ao contido principal

NOTA INFORMATIVA MESA TÉCNICA - 5-6-2013 - BOLSA DE HORAS DE LIBRANZA



3 DÍAS DE LIBRANZA
Como continuación da Mesa Sectorial do pasado día 28 de maio, onde se lograron os 3 días de libranza por acumulación de horas traballadas, hoxe tivo lugar unha Mesa Técnica para ver o seu encuadre na aplicación informática.
Nesta Mesa desenvolvemos o acordo asinado por CC.OO, USO, UGT, CSI-F, CIG  e a Administración, sendo os aspectos máis salientables os seguintes:

           Para alcanzar os 3 días de libranza os funcionarios, de xeito voluntario, poderán acumular o tempo traballado que exceda das sete horas diarias, en computo mensual, nunha bolsa, que se poderá empregar a partir do mes de xullo, ben para reducir o horario flexible, ou ben cando se xunten 7 horas e media, pedir un día de libranza, ata un maximo de 3 ao ano.

           Os días de libranza equipararanse aos días de asuntos particulares, é dicir:
     Poderánse acumular aos días soltos de vacacións e asuntos particulares.
     Poderánse desfrutar ata o 31 de Xaneiro do ano seguinte.

             No verán non se poderá acumular horario flexible, pois xa temos horario reducido. De xeito excepcional este ano logramos que a Administración permita acumular horario flexible dende o 1 de xuño ata o 30 de xuño  e do 1 de setembro ata o 30 de setembro.

PERMISOS, LICENZAS E HORARIO

             Aínda que non está publicada a nova resolución que regulamenta os permisos, licenzas e vacacións, xa se poden solicitar os mesmos, entre outros;
     Permiso por ingreso hospitalario ou, enfermidade por días soltos e no prazo dun mes.
     Permiso retribuído dun máximo de 30 días por enfermidade moi grave dun familiar primeiro grao.
     7 días de vacacións de xeito independente.
     4 días de asuntos particulares.
     Flexibilización do horario fixo

             No horario de verán o horario fixo da xornada poderá facerse dende as 8.30 horas fronte as 9.00 que estaba ata o de agora.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno