Saltar ao contido principal

ACLARACIONS AS LISTAXES PROVISIONAIS DO CONCURSO

Segundo a última comunicación do Ministerio e en base a unha nova difundida por unha Central Sindical en relación á Orde de 19-7-2013 pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, no senso de que se vai publicar unha nova listaxe do indicado concurso con data 2 de agosto comunícasenos o seguinte:

1º.- Non se van publicar novas listaxes provisionais de adxudicación de prazas do concurso de traslados resolto con data 19-7-2013.

2º.- As alegacións que se presenten serán revisadas e, no seu caso, serán correxidas na resolución definitiva do concurso.

3º.- As alegacións DEBEN PRESENTARSE EXCLUSIVAMENTE POR FAX, segundo indica a Orde de 19-7-2013, pois se presentan tamén a través do Rexistro Xeral do Ministerio, producirase unha duplicidade de alegacións cos prexuízos que iso acarrexaría.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

ANUNCIO DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA

No DOG do 8 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A). 1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 1 de marzo) , contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es , accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 3. Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da