Compañeiras e compañeiros amarrádevos que hai curvas. Segundo o Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra, nunha das súas últimas disquisicións nun expediente gobernativo (concretamente o 25/2013) sentou a cátedra de que ao parecer dende o ano 2008 hai sentenzas que indican que os artigos 476, 477 e 478 da LOPX (funcións dos corpos de xestión, tramitación e auxilio) non son aplicables, polo que ata que se produza a aprobación de postos de traballo e a redistribución de efectivos "os funcionarios deben seguir prestando os seus servizos nos seus actuais destinos de acordo coas funcións e cometidos que viñan realizando" (supoñemos que os previstos no Regulamento de 1996 aínda que este está derrogado na actualidade). En fin, ata o Tribunal Supremo emprega nas súas fundamentacións xurídicas os artigos 476, 477 e 478 por entender que están en vigor e son de aplicación, pero o Secretario Coordinador de Pontevedra sabe moito máis que o propio Tribunal Supremo e é capaz, non só de dicir o que di, se non que noutros expedientes (tanto gobernativos como disciplinares) e mesmo en expedientes xudiciais contencioso-administrativos (reclamación de LEXNET realizada por este sindicato) mantén a capa e espada a vixencia e aplicación dos meritados artigos. Será que a lei orgánica flúe como o Guadiana e aparece e desaparece por arte de maxia, e dicir, cando me interesa os artigos son de aplicación e cando non me interesa non. En breve seguiremos co Capitulo 2º das nosas crónicas sobre os desatinos do Secretario Coordinador Provincial.
Comentarios
Publicar un comentario