Saltar ao contido principal

RETENCIÓNS COMPLEMENTO ESPECÍFICO (CAT)

Unha vez pasado o verán e tras botar contas, resulta que aos xestores moito nos tememos que tamén no mes de decembro lles van a reter 451,41 euros, e dicir, 24,21 euros máis que o tope do complemento específico fixado en 427,20 euros. Dende a CIG pensamos que esta cuestión é inasumible pois volve a producirse unha retención anómala sobre conceptos que a Xunta non ten competencia.
Os cálculos segundo eles, no que nós deducimos, fixéronse deste xeito:


12 meses de 24,21 euros de retención = 290,52 euros.
2 meses de 402,99 euros de retención = 805,98 euros.
Total     1096,50 euros (importe anual xestor tipo)


   Disto deduciríase polo tanto que durante 10 meses a retención sería de 24,21 euros e nos meses de extra a retención sería de 402,99 + 24,21 euros = 427,20 euros (10 x 24,21 + 2 x 427,20 = 1096,50). Polo tanto nunca se reterían nun mes máis cantidades que o tope que marca o complemento específico.
   Agora ben, isto sucedería se a retención houbera comenzado en xaneiro, pero comenzou en marzo, polo que se deberían dous meses de 24,21 euros (xaneiro e febreiro).

   En xuño retiveron 451,41 euros, e dicir, os 402,99 + 24,21 (xuño) + 24,21 (xaneiro)
   Polo tanto en decembro reterán de novo 451,41 euros, e dicir, os 402,99 + 24,21 (decembro) + 24,21 (febreiro), volvendo a pasarse do importe máximo mensual e isto será así porque cada semestre deberían terse retido 548,25 euros pero no primeiro semestre só se retiveron 524,04 euros polo que no segundo semestre procederán a reter 572,46 euros -os 548,25 do 2º semestre + os 24,21 do mes de febreiro non retidos no primeiro semestre)

   Todo este despropósito merece cando menos unha reprobación e unha corrección, polo que dende a CIG, tal e como xa se manifestou na mesa do pasado 4 de xullo, solicitouse a medio de escrito á Dirección Xeral que corrixan a retención de aquí a final de ano a fin de que no mes de decembro só se reteñan os 427,20 euros; tope máximo do complemento específico.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno