Temos que darlle a noraboa as compañeiras e compañeiros de Vigo os que, nun acto de verdadeiro compromiso, respaldaron con 162 enquisas a favor a opción de ir á folga no sector de xustiza en Galiza nas dúas opcións contempladas na consulta, como única alternativa ante as gravísimas agresións que estamos a sufrir por parte da administracion da Xunta. Agardamos que a valentía mostrada polas compañeiras/os desta cidade sirva de exemplo e acicate ás demais compañeiras/os dos distintos partidos xudiciais de Galiza para que podamos tomar unha decisión entre todos nós, tan importante como a de ir a unha mobilización total. Ánimo a todas/os e que, finalmente, a decisión que como grupo adoptemos sexa a máis acaida para poder chegar a recuperar os dereitos que nos foron roubados.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario