Saltar ao contido principal

POSIBLES NOVAS CONVOCATORIAS DE CONCURSOS SECRETARIOS XUDICIAIS

 Segundo a area de Secretarios Xudiciais do Ministerio de Xustiza esta será a programación de concursos para este vindeiro ano 2014:

            a) Concursos de prazas de primeira categoría- Durante o mes de decembro publicarase no BOE o  concurso para a cobertura dunha praza na Sala Terceira do Tribunal Supremo, por xubilación do seu titular, así como concurso de libre designación para a cobertura da Secretaría de Goberno de Navarra e as Secretarías de Coordinación Provincial de Ávila e Segovia.



            b) Concursos NOX- O día 2 de decembro publicaronse os concursos de libre designación para o nomeamento de diretores de servizos comúns en todas as prazas vacantes da nova oficina xudicial, tanto de ámbito transferido como non transferido, así como o concurso específico para a cobertura das plazas NOX nas sedes de Girona e Vitoria. Este concurso pertence á fase de acoplamento de ditas sedes, por lo que só poderán participar nel os Secretarios Xudiciais que actualmente teñan destino nestas localidades.



            Tras a resolución do concurso ordinario de traslado, publicarase concurso de méritos  para a cobertura das prazas específicas de NOX do resto de sedes, así como das que eventualmente resultaran desertas tras o proceso de acoplamento en Girona, Olot e Vitoria. Neste concurso poderán participar Secretarios Xudiciais de todo o territorio español.



            c) Concurso ordinario de traslado- Publicarase durante o mes de decembro, pero o prazo de presentación de instancias pospondrase ata o 7 de xaneiro, para evitar a coincidencia cos permisos e vacacions de nadal. As prazas desertas da resolución deste concurso serán as ofertadas á XXXIX promoción libre, como destinos iniciais, conforme á Resolución do Secretario Xeral da Administración de Xustiza que regula esta oferta.



              Lémbrase por parte do Ministerio que o uso do asistente electrónico de inscripcións é obrigatorio para que a solicitude de concurso sexa tida en conta aínda que, en tanto no sexa posible a sinatura electrónica das instancias, deberá remitirse igualmente o documento xerado polo asistente, asinado de xeito manual.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr