Lembrade
que consonte o artigo 15.4 da Orde do 28 de novembro de 2013, sobre
selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de
funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de
xustiza en Galiza, xa
en vigor,
serán excluídas das bolsas as persoas preseleccionadas que non
cumpran coa obriga de comunicar a súa participación na oferta de
prazas da súa zona de preferencia, aínda
que as prazas ofertadas fosen cubertas
polos outros preseleccionados, xa que neste caso se entenderá que
rexeitan o chamamento.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario