Dende a CIG queremos que por parte das traballadoras/es da administración de xustiza de Galiza se proteste contra os novos recortes introducidos tanto no Concerto asinado entre a Mutualidade e as entidades de seguros como na Resolución de 17 de decembro de 2013 da "MUGEJU" e, para iso, propoñémosvos que remitades por todas as canles posibles (fax 91.586.03.03 - email: mugeju@justicia.es ou, a través do enderezo MUGEJU - C/ Marques del Duero, 7 - 28001 Madrid), o escrito que vos achegamos, solicitando a demisión da xerente pola súa notable falta de capacidade para xestionar coas compañias aseguradoras un concerto de servizos médicos máis beneficioso para os afiliados á mutualidade.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario