Saltar ao contido principal

OUTRA VEZ O SR.GALLARDÓN ARREMETE CONTRA O REXISTRO CIVIL - MOBILIZACIÓNS

Novamente o ministro Sr. Gallardón, facendo gala das peores artimañas, negocia as agachadas cos Rexistradores da Propiedade, ofrecéndolles no se sabe que (probablemente algún tipo de contraprestación, pois nunca na historia se mirou a un rexistrador que fixera nada gratis), para acadar a asunción das competencias do Rexistro Civil, pero non coa fin de mellorar o servizo público e gratuito prestado ata o de agora, se  non para que o Sr. Rajoy e os seus irmáns (Maria de las Mercedes e Enrique), máis a nora do propio Sr. Gallardón (Teresa), sen esquecer ao mesmísimo Director Xeral dos Rexistros e o Notariado (Joaquín José), tamén rexistrador de profesión, para que todos eles poidan seguir mantendo o seu estatus privilexiado de cobrar por aranceis e non por nómina como se fai no resto de Europa, ao estar considerados como funcionarios públicos. 
Nestes intres o servizo do Rexistro Civil é a envexa dos servizos prestados pola administración de xustiza e como pera en doce ofrécese a un colectivo, de forma especulativa, para a súa privatización, depois de ter gastado o estado máis de 120 millóns de euros na súa informatización e modernización. Todos os nosos datos máis sensibles van a ser manexados por traballadores (non suxeitos á función pública) e que carecen de experiencia na materia (cando actualmente os funcionarios da administración de xustiza están perfectamente cualificados). Se isto e mellorar un servizo, como diría o Sr. Gallardon, que veña Deus e o vexa.

Nova publicada no Faro de Vigo
Nova publicada na Voz de Galicia
Nova publicada no Atlántico Diario

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr