Saltar ao contido principal

CONCURSO DE TRASLADOS - PAGA EXTRA - REXISTRO CIVIL E PROMOCIÓN INTERNA

Na mesma mesa sectorial de Madrid celebrada o pasado venres, 25 de abril e, a petición da CIG,  tamén se falou sobre os seguintes temas:

CONCURSO DE TRASLADOS : A convocatoria publicarase en maio, seguramente na  primeira quincena.
REXISTRO CIVIL : Nun par de semanas o sr. Ministro daranos algunha nova sobre o seu destino final.
PAGA EXTRA : A decisión de pagar, no territorio de competencia do Ministerio de Xustiza, non depende deles se non do Ministerio de Facenda; están agardando a que resolva o Supremo un recurso en interese de lei interposto pola  Avogacía do Estado. Loxicamente, se o Ministerio acordara o pagamento, esta decisión achandaría as reclamacións pendentes no resto de xulgados e tribunais do resto de territorios. 
Nós, como CIG, seguimos coa estratexia de interpoñer recursos contencioso-administrativos nos xulgados de toda Galiza, a fin de que as sentenzas que se obteñan sexan extensibles a todos as/os traballadoras/es. A demanda no partido xudicial de Pontevedra presentarase a primeiros de Maio ao non contestar a Xunta ao recurso previo administrativo.
PROMOCIÓN INTERNA : Dada a imposibilidade de convocatoria de procesos da quenda libre de oposicións (non hai oferta de emprego público), o Ministerio segue a estudiar a posibilidade de convocar só procesos de promoción interna de carácter anual e coordinalos cunha formación on line da que non deron máis información. Pediuse informe ás CC.AA. e estas aínda non contestaron.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración