Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA ACCIÓN SOCIAL 2014

No DOG de hoxe saíu publicada a Resolución do 18 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2014 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

a) Poderán solicitar as axudas os funcionarios titulares e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.
O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar en situación de activo ou en excedencia por coidado de fillos e con destino nesta comunidade autónoma no prazo de presentación das solicitudes e reunir os requisitos exixidos polo programa.
b) Tamén poden solicitar a axuda os funcionarios interinos da Administración de xustiza sempre que prestasen servizos nalgún momento nesta comunidade autónoma no período comprendido entre o remate da acción social do ano anterior (30 de maio de 2013) ata a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
c) Terán a condición de beneficiarios:
– Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %.
– Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nas alíneas anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %.
No caso de que o beneficiario teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha.
d) No suposto de que dous empregados tivesen a condición de beneficiarios en relación co mesmo causante, só un deles terá dereito á axuda.
e) A percepción das axudas desta acción social é incompatible coa percepción doutras axudas de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou calquera outra administración ou organismo oficial ou empresa privada.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 6 de maio) e as/os interesadas/os deberán cumprimentar obrigatoriamente en liña a solicitude correspondente a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza).

https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNV1ZHNXl4ekNiREU/edit?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.