No DOG de hoxe 10 de abril sae publicada a resolución pola que se convocan os cursos de formación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galiza.
Poderán participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos dos corpos de
xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e
administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de
xustiza en Galicia en situación de servizo activo, permiso por
maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun
fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na
presente convocatoria. Tamén poderán participar os membros das bolsas de interinos
dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e
administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza,
dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de inscripción e de dez días naturais (ata o 20 de abril) e deberá facerse a través da páxina da EGAP http://egap.xunta.es/matricula
Comentarios
Publicar un comentario