O pasado venres día 25 celebrouse en Madrid unha mesa presidida polo Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O obxectivo era fixar un calendario de negociación da reforma da LOPX, que se iniciará nun par de semanas, pero máis ben o que se pretende é simplemente cumprir co trámite establecido pola norma e, se cadra, modificar algunha pequena cousa. De feito e, a pesares da insistencia da CIG en que esas mesas de negociación comprendan a totalidade da norma, só se van cinguir aos Libros V (sobre os letrados, antes secretarios) e VI (resto de traballadores), porque para nós é fundamental tratar o contido nos Libros I e II nos que hai maiores modificacións no que afecta ao novo esquema organizativo.
Comentarios
Publicar un comentario