A CIG fixo entrega o pasado 2
de abril no rexistro do Parlamento de Galiza de máis do dobre das sinaturas
necesarias (en concreto 31.232) para avalar a tramitación da Iniciativa
Lexislativa Popular sobre Medidas para o Crecemento Económico e a
Creación de Emprego en Galiza. As/os representantes da central sindical
chegaron á sede parlamentar en manifestación xunto cuns 1.500
delegados/as que partiron da Alameda compostelá tras reunirse en
asemblea no Pazo de Congresos. Despois deste trámite, a ILP pasará a se
debater no parlamento galego.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario