O pasado martes 20 de maio publicouse no DOG a Orde pola que se regulan as bases
para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral
como medida de fomento da corresponsabilidade para aqueles homes (ou
familias monoparentais) que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro
de 2013 se acollesen a unha redución da súa xornada de traballo para
o coidado do seu fillo ou filla.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e, o prazo para a presentación das mesmas, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e dicir, ata o 21 de xuño.
Comentarios
Publicar un comentario