Saltar ao contido principal

PORQUE SÓ ASISTIU UNHA CENTRAL SINDICAL Á MESA SECTORIAL DO MARTES 13 DE MAIO.


ASÍ NOS IRÁ…

O pasado martes 13 de maio, a Dirección Xeral de Xustiza convocou ás organizacións sindicais á Mesa Sectorial, a fin de tratar a nova oficina fiscal e o decreto de nova oficina xudicial.
Tras  anos  de recortes, de  nulo  respecto  pola  negociación  colectiva  e  de  decisións  unilaterais  abusivas, CCOO,  UGT  e  CiG,  postura  que  tamén  compartiu  USO,  decidimos  non  acudir  a  lavar  a  cara  a  unha Dirección Xeral empeñada en vender grandes alardes moi afastados da realidade: por moita nova oficina fiscal  e  xudicial,  que  publican  nos  medios  antes  incluso  de  seren  negociadas,  os  traballadores  e traballadoras  da  Xustiza  sabemos  que  o  colapso,  con redución  de  medios  persoais e  materias  e vulneración de dereitos constantes, non se soluciona con catro titulares de prensa.
É por iso, por respecto aos compañeiros, polo que nos negamos a negociar só o que marca a axenda política da Dirección Xeral, na que tamén incluíu no pasado:
-  Eliminación da paga extra de decembro de 2012
-  Eliminación do 4% da masa salarial (mínimo 400 euros nas extras) sine die
-  Conxelación salarial dende 2010
-  Decreto de IT’s: poderemos pagar máis de 400 euros por cometer o delicto de enfermar
-  Atribución de novas funcións
-  Amortización do 5% do cadro de persoal no 2012
-  Un futuro incerto para máis do 30% do cadro de persoal coas reformas do Rexistro Civil ou a Lei Orgánica do Poder Xudicial
-  Perda de días de vacacións, asuntos propios... e un largo etcétera

Todas  estas  decisións  foron  impostas,  e  quizais  sexa  a  hora  de  dicir  até  aquí  chegamos.  Non  é  unha cuestión de parar o golpe do rodillo; o que non podemos é ser cómplices dese mesmo rodillo, entrando ao xogo dos recortes como espectadores, sen ningún tipo de oposición máis que a participación no paripé no que converteron as mesas sectoriais.
Polo tanto as organizacións sindicais contestamos áconvocatoria, non negándonos, senón demandando que se incluíran os seguintes temas:
-  Arquivos e expurgo: polo incumprimento do compromiso de nomear dous funcionarios itinerantes por provincia, cando hai xulgados sobresaturados, como os sociais, aos que xa se lles está a impór esta función.
-  Substitucións:  pasaron  xa  seis  meses  dende  que  a  Dirección  Xeral  se  comprometeu  a  procurar unha solución, para que a igual traballo igual salario
-  Aplicación dos cómputos horarios nos SACES por dilixencias urxentes
-  Gardas nos xulgados de Instrución: un novo golpe  de mano que, ao igual que pasa co expurgo, deixa aos secretarios e secretarias coordinadoras a ordenación paralegal das nosas funcións.
Esta decisión de non acudir se non se falaba primeiro dos compromisos incumpridos, foi comunicada ao
sindicato  CSIF,  quen,  nunha  postura  oportunista  e  demagóxica,  acudiu  en  solitario  a  facerlle  o  xogo  á Administración, rachando unha unidade necesaria para sumar forzas contra o expolio.
A Dirección Xeral volveu demostrar que o colectivo de funcionarios non está na súa prioridade, e si o está ese  deseño  moderno  de  oficina  que,  subrepticiamente,  agocha  reordenacións,  mobilidade  salvaxe  e amortizacións. E si, así nos vai. 

Galicia, 19 de maio de 2014

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr