As
centrais sindicais CCOO, UXT e CIG fixemos
hoxe una rolda de prensa na que denunciamos o desleixo da Dirección
Xeral de Xustiza cos seus traballadores destinados nos Xulgados de Instrución da
Coruña, aos que se lles está a impór
xornadas de máis de 52 horas semanais; todo iso por unha resolución da
Secretaria Coordinadora da provincia da
Coruña, que toma como referencia algún secretario de instrución, e que se
extenderá a Vigo se a Dirección Xeral segue a facer mutis e non asume as
competencias que ten.
Ante
esta situación, e despois de tratar de solucionar tal desatino sen resultados positivos, decidímonos a facelo
público ademáis de presentar denuncia na Inspeción de Traballo contra o secretario de Instrución nº 3 da
Coruña, por ditar aos funcionarios unha instrución ilegal e abusiva, e contra o
Director Xeral por omisión e desleixo
nas súas funcións e competencias.
Presentaremos
asimesmo unha denuncia por exceso de
horario ante a OIT con sede en Xenebra.
Esta
situación só se da na Coruña e Vigo,
ciudades que terían que ter gardas de 24 horas, pero están en Galiza. Sería
imposible que se dera en Euskadi ou en Cataluña, países nos que os seus
gobernos exercen as súas competencias, que lembramos que en materia de persoal
da Administración de xustiza están transferidas ás CCAA, e non son competencia
do corpo de secretarios xudiciais.
Comentarios
Publicar un comentario