Saltar ao contido principal

HORARIO DE VERÁN

En principio, se non hai cambios de última hora o horario de verán será o seguinte. Ademais, nos meses de xuño e setembro poderá acumularse horario na bolsa de horas:

Durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, establécese unha xornada intensiva de trinta e dúas horas e media semanais, con tempo fixo continuado de obrigada presenza de cinco horas e media, de luns a venres, entre as 8.30 e as 14.30 horas; e o resto, ata cumprir o total do tempo de traballo mensual que figura no anexo desta orde, en horario flexible que se poderá realizar, de luns a venres, entre as 8.00 e as 9.00 horas e entre as 14.00 e as 17.30 horas. E dicir, de promedio habería que facer cada día 6 horas e media, das cales 5 horas e media serían de horario fixo e 1 hora de horario flexible. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.