A xornada de convivencia, convocada pola Plataforma Galega polo dereito ao aborto, da que a CIG forma parte, terá lugar en VIGO durante toda a xornada do vindeiro 15 DE XUÑO e comezará cunha manifestación que sairá ás 12:00 horas dende a Estación de Tren e rematará na Praza da Constitución, onde terá lugar unha asemblea aberta e darase leitura ao manifesto.
A CIG, como organización convócante, irá representada na faixa nacional
da Plataforma, así como nas faixas das Plataformas locais, e ademais,
levaremos faixa propia da CIG co lema "Polo noso dereito a decidir. Aborto libre e gratuíto".
O xantar colectivo terá lugar na Praza do Pobo galego, a partir das 14:30 horas, desenvolvéndose a romaría lila entre
as 13 horas e as 18 horas desde a Rúa do Príncipe até a Praza do Pobo,
onde diversas organizacións terán os seus postos onde consultar e mercar
materiais feministas, libros e publicacións, artesanato de mulleres,
entre outros, rematando a xornada con varias actuacións musicais.
Para facilitar a participación nas actividades haberá unha carpa para
as crianzas con monitorado na Rúa do Príncipe desde as 12 até as 14:30
horas e desde as 16 até as 18 h.
Comentarios
Publicar un comentario