Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MINISTERIO - PRIVATIZACION REXISTRO CIVIL

 O pasado día 15 tivo lugar en Madrid unha xuntanza co Ministerio (por que non se pode chamar mesa de negociación) a fin de darnos a coñecer os motivos e xustificacións que impulsaron esta reforma fulgurante do Rexistro Civil a través dun decreto-lei e a concesión desta materia aos Rexistradores Mercantís:

A CIG non puido por máis que manifestar:

-Que lle parece unha vergonza e unha falta de respecto ao funcionariado e á sociedade, que agora, tras seren publicado no BOE, se nos cite para falar do tema, despois de teren reunións con outras partes implicadas.
- Que darlle o Rexistro Civil aos Rexistradores mercantís é privatizar o servizo, porque, o único que estes teñen de públicos é o acceso.
- Que nos consideran idiotas se pensan que imos crer que, sen contraprestacións, asumen máis traballo e perdas superiores a 150.000 euros anuais.
- Que seguramente é posible mellorar o INFOREG e permitir facer certificacións de calquera inscrición en calquera Rexistro e intercomunicalo con outras Administracións. Pero claro, iso non daría cartos a algunha empresa amiga.
- Que os que andan a tramar todo isto non teñen nin idea da materia coa que tratan, e proba diso é que afirman que o feito de que rexistren empresas indica que tamén poden rexistrar persoas.
- Finalmente, estamos seguros que nin eles cren que o sistema vai funcionar mellor se, despois de 150 anos, o servizo pasa a desenvolverse por profesionais que non teñen nin idea de como funciona; iso si, van poñer do seu peto moitos cartos por imposición do goberno para que a cidadanía teña un mellor servizo público.
- Ante a presa por reformar a Disposición Transitoria 8ª da Lei de 2011 no tocante ao réxime do funcionariado, a CIG propuxo, como primeira medida, deixalo para máis adiante, dado que existe un período de dous anos antes da posta en funcionamento total, que desexamos que non se produza nunca.
 
Fronte a postura de rexeitamento radical de CIG, ELA e CCOO, a actitude entregada de UGT, STAJ e CSI-F, na reforma da LOPX e a súa estratexia calculada de desvinculala desta flagrante privatización, incumprindo os compromisos que adquiriron na unidade de acción fronte á privatización da xustiza, provocará consecuencias irreversibles.







Nota informativa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr