O Ministerio trasladounos as bases da convocatoria de 160 prazas de secretarios, que no fundamental son copia das anteriores. A CIG manifestou a súa disconformidade co deseño da oposición para a quenda de promoción interna e solicitou, unha vez máis, a súa modificación.
Unha novidade que contemplan é a obriga,derivada do RD 228/2014 que aproba a OPE deste ano, de conservación da nota dos exercicios para a convocatoria seguinte, sempre que supere o 60% da nota máxima, ás persoas que participen pola quenda de discapacidade. Sen embargo esta posibilidade, que o RD establece como facultativa para a quenda xeral, non se contempla nas bases presentadas, polo que na propiaMesa a CIG instou encarecidamente que a conservación de nota se contemple de xeito xeralizado, quedando a Administración en que o ía valorar.
Este sindicato presentará escrito con todas as alegacións, nas que, ademáis do manifestado e entre outras cousas, se solicitará que o primeiro exercicio se poida realizar en calquera sede de TSX do estado.
Nota informativa alegacións CIG

Comentarios
Publicar un comentario