Saltar ao contido principal

O REXISTRO CIVIL EN MANS DOS REXISTRADORES MERCANTÍS

Outra vez máis, tal e como nos ten acostumado o PP, dun xeito oscurantista, torticero, tentando relegar ao parlamento español a un simple convidado de pedra, o ministro Sr. Gallardón, a través do consello de ministros, ven de publicar o Real Decreto-lei 8/2014, de 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, no que se outorga aos Rexistradores Mercantís a competencia sobre os rexistros civís. Un vez máis, unha norma que non ten nada que ver é empregada polo goberno español para incluir outra serie de decisións controvertidas, agardando como que as mesmas poidan pasar desapercibidas cara ao cidadán. 

1) Ao parecer as funcións realizadas por uns funcionarios públicos van pasar a outros (rexistradores mercantis).

2) O servizo vai pasar de ser gratuito a ser "gratuito" (supoñemos que incrementado as outras taxas do rexistro mercantil).

3) O servizo vai pasar de estar servido por funcionarios con longa experiencia no rexistro de persoas a estar servido por uns poucos "funcionarios" con grande experiencia no rexistro de empresas.

4) A informatización e a base de datos do servizo pasará de estar en mans do Ministeiro de xustiza a estar en mans dunha empresa privada "controlada" polo Ministerio de Xusitza.

5) O servizo pasará de ser realizado en todos os concellos de España a só as capitais de provincia ou sedes onde haxa rexistrador mercantil.

6) Os traballadores que manexen esta información tan sensible pasarán de ser funcionarios públicos a ser simples contratados laborais dos Rexistradores Mercantís.

Etc., etc., etc.,

Despois desta reflexión so cabe pensar "QUE MERDA VAI MELLORAR A PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DO REXISTRO CIVIL POR PARTE DOS REXISTRADORES MERCANTÍS"

Dende logo algún día habería que reflexionar se ao igual que todo o equipo de goberno dun concello, debería de imputarse tamén a todo un consello de ministros por tomar decisións nas que algúns dos seus membros se poden ver beneficiados no futuro....

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr