Saltar ao contido principal

SEGUNDA XUNTANZA NO MINISTERIO SOBRE O REXISTRO CIVIL

O  pasado  día  22  celebrouse  en  Madrid  a  segunda  reunión  para  abordar  a situación  do persoal destinado no Rexistro Civil.
A  CIG  rexeita  entrar  neste  proceso  privatizador  pero  entendemos  que  debemos  estar nestas  Mesas  para  defender  a  situación  das  traballadoras  e  traballadores  no  proceso  que  o goberno está disposto a levar a cabo. 


Nota informativa sobre o preacordo CSI-F - STAJ - UGT
 
Ante a proposta da Administración de ofertar primeiramente as prazas vacantes existentes e logo abrir un proceso negociador en cada territorio, a CIG rexeita esta posibilidade por supór a amortización  das  prazas  existentes  actualmente,  sobre  todo,  as  dos Rexistros  exclusivos.   Polo tanto,  calquera  redacción  da  Disposición  Transitoria  8ª  debe  pasar  por  asegurar  que  en  ningún caso haberá redución dos efectivos existentes en cada corpo no momento da clausura do Rexistro Civil, que esperemos que non chegue nunca.
O Ministerio dixo que só podía garantir as prazas do seu territorio (que supón unha mínima parte do persoal), pero a CIG esixe que o texto da lei obrigue a que todos os territorios actúen do mesmo xeito e non se produza en ningún deles unha soa amortización.
Moito  nos  tememos  que  o  vindeiro  martes  o  Ministerio  achegue  unha  proposta  que,
curiosamente,  vai  satisfacer  as  “expectativas”  dos  sindicatos  asinantes  do  preacordo  da  LOPX (CSIF, STAJ e UGT) e que significará a definitiva privatización do servizo público.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.