Como xa vos adiantaramos, no DOG de hoxe, 9 de outubro, sae publicada a regulamentación da nova bolsa de persoal interino para o corpo de Médicos Forenses así como a convocatoria para a correspondente presentación de solicitudes. O prazo para facelo será de 15 días hábiles a partir do seguinte ao desta publicación, e dicir, ata o 27 de outubro. A solicitude de participación deberá cumprimentarse e validarse de xeito obrigatorio a través da OPAX, sen prexuizo de ter tamén que imprimir a mesma e presentala ou remitila a través do rexistro xeral correspondente ou por calquera das canles establecidas na lei de procedemento administrativo.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario