O pasado venres día 3
celebrouse o acto de apertura do ano xudicial na sede do TSXG na Coruña. Alí
nos concentramos, unha vez máis, as delegadas e delegados da CIG, CCOO e UXT, xunto con outras compañeiras/os aos que agradecemos a súa asistencia, a fin de exteriorizar a situación que estamos a sufrir os traballadores da administración de xustiza. Entre
uniformes militares pasou o Sr. Rueda como unha exhalación sen querer deterse a
recoller unha carta que lle queriamos entregar e da que o seu equipo de seguridade
xa tiña coñecemento. Aquí vos deixamos o contido desta.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario